Fundacion-belarmino-blanco-2020iconoFundacion-belarmino-blanco-2020Fundacion-belarmino-blanco-2020
  • A FUNDACIÓN
  • FORMACIÓN
    • ESCOLA
    • FORMACIÓN REGRADA
    • FORMACIÓN OCUPACIONAL
    • BOLSA DE EMPREGO
    • AULA VIRTUAL
    • COVID-19
  • EMPRENDEMENTO
  • ACTUALIDADE
  • CONTACTO
  • ES
  • GL
Olfato e gusto, medios de traballo
10/12/2020
“A Escola ensínache que o traballo e o esforzo son a clave para mellorar e conseguir as metas que un se marque”
28/12/2020

O alumnado do ciclo en vitivinicultura etiqueta e empaqueta o viño da última vendima

18/12/2020

O alumnado do ciclo de formación profesional da Escola Belarmino Fernández Iglesias en técnico superior en vitivinicultura desenvolveu labores de etiquetaxe e empaquetado da última vendima realizada por eles mesmos nos viñedos da Fundación.

Estas actividades pertencen ao módulo de Estabilización, Crianza e Envasado, que ten como obxectivo dar a coñecer o proceso de análise dos produtos e os requisitos que teñen cada un. O estudantado fórmase en todo o proceso de control de análise e calidade da crianza, así como de etiquetaxe no que se realiza o control dos produtos en base ao cumprimento dos requisitos de estabilidade, organización da clarificación, control de filtrado, da estabilidade tartárica e acondicionamento final ata a organización do envasado, coas liñas destinadas a este propósito e a maquinaria que se necesita. Unha estrutura educativa que inclúe traballar con sistema de seguridade, realización de operacións de limpeza e desinfección, así como de mantemento e preparación.

Un proceso no que, debido á actual situación xerada pola covid19, reforzouse os controis de seguridade sanitaria, polo que ademais das medidas hixiénicas protocolarias nesta ocasión ademais realizouse a formación en dous espazos distintos, garantindo a distancia persoal esixida.

O módulo profesional inclúe a planificación e formación en elaboración e transformación de viños; seguridade alimentaria; prevención e seguridade laboral, así como en mantemento de equipamentos e instalacións no sector vitivinícola.

Os matriculados achéganse a esta área profesional de forma práctica xa que as instalacións da Fundación permiten que se realicen todos os labores de interese no sector.

Escola conta cunhas completas instalacións con aulas coas últimas tecnoloxías dispoñibles de viñedos, cociñas e salóns propios onde poder aplicar todos os coñecementos adquiridos, o que facilita o acceso ao mundo laboral.

Compartir

Artículos relacionados

13/11/2020

A Escola de Hostalaría oferta para profesionais do sector unha formación para un servizo responsable de bebidas alcohólicas


Ler máis
Pazo de Ribas, 66
27466 - Rosende, Sober - Lugo
info@fundacionbelarmino.com
(+34) 982 460 469

A fundación
Formación
Emprendemento
Actualidade
Contacto

Aviso legal
Política de privacidade
Política de cookies

O sitio web www.fundacionbelarmino.com utiliza cookies propias e de terceiros para recompilar información que axuda a optimizar a súa visita ás súas páxinas web. Non se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Atopará máis información na nosa Política de Cookies.


Acepto Configuración de cookies
Política de cookies
Resumen de privacidad:

O sitio web www.fundacionbelarmino.com utiliza cookies propias e de terceiros para recompilar información que axuda a optimizar a súa visita ás súas páxinas web. Non se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Atopará máis información na nosa Política de Cookies.
Necesarias
Sempre habilitado

As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten funcionalidades básicas e características de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.

Non necesarias

Calquera cookie que non sexa particularmente necesaria para que o sitio web funcione e úsese especificamente para recompilar datos persoais do usuario a través de análise, anuncios e outros contidos integrados denomínanse cookies non necesarias. É obrigatorio obter o consentimento do usuario antes de executar estas cookies no seu sitio web.