EMPRENDEMENTO

Belarmino Fernández Iglesias chegou a Brasil con escasos 20 anos e un dólar no peto. O seu compoñente cultural e inquietudes sociais deron renda solta ao seu tesón por converterse no restaurador de orixe español que máis comidas despachou no mundo. Un emprendedor dos pes á cabeza, coa excelencia por bandeira e un amor incondicional pola súa terra.

Pazo de Ribas

Durante unha das súas visitas ao seu lugar de orixe, Belarmino adquiriu  o Pazo de Ribas, onde o seu pai fora xornalero. A construción, que data do século XVII, é sede da Fundación Belarmino Fernández Iglesias e da súa escola de hostalaría.

O Pazo de Ribas dá nome ademais á bodega que, fundada en 2014 e froito de outro dos proxectos personais de Belarmino, diferénciase polos seus aromas limpos. Elegantes e intensos, propios da orientación, o microclima e o cultuvo en bancais. Comercialízase nos restaurantes Rubaiyat, recoñecidos co Best of Award de Wine Spectator por posuir a carta de viños máis completa do mundo, con más de 900 referencias de 15 países.

Grupo Rubaiyat

O grupo conta con tres restaurantes en Sao Paulo, os cales son tradicionais e considerados puntos históricos da capital brasileira. A marca Rubaiyat é recoñecida como especialista en nobles cortes de carnes e a Figueira, cuxo local é coñecido pola enorme figueira que se alza entre as mesas do comedor, destaca pola súa cociña mediterránea.

En todos os establecementos do grupo Rubaiyat, que dirixe un dos fillos de Belarmino Fernández Iglesias, o cliente atopa o mesmo estándar de calidade, servizo e arquitectura rústica e elegante.

Ademais do recoñecemento brasileiro, Rubaiyat non pasa desapercibido en Chile, México, Argentina nin España.

Erasmus +

Proxecto EVT FUNDACIÓN BELARMINO FERNÁNDEZ IGLESIAS HOSTELERÍA RIBEIRA SACRA

Desde o ano 2019 e ata 2022 (por causa da COVID-19), tanto alumnado como profesorado da Escola poden participar no proxecto Erasmus+.

Obxectivos do proxecto

Para os estudantes

Para los profesores

Para o centro

Para os socios de acollida

As mobilidades de estudantes serán por 10 semanas para cumprir os obxectivos en empresas de Finlandia e Italia e están dirixidas ao alumnado dos Ciclos Formativos de Grao Medio de Cociña e Gastronomía e de Servizos en Restauración.

As mobilidades do profesorado serán dunha semana en Finlandia ou Italia.