FORMACIÓN OCUPACIONAL

Co reto de formar a aquelas persoas traballadoras en situación de desemprego, na Escola tamén se ofertan cursos de Formación Ocupacional.

Certificado de Profesionalidade de Nivel 1

HOTR0108 Operacións Básicas de Cociña

Ao realizar este curso estarás capacitado para traballar como axudante de cociña, auxiliar de cociña, empregado de pequeno establecemento de restauración ou encargado de economato e bodega en hostalaría.

HOTR0208 Operacións Básicas de Restaurante e Bar

Ao finalizar con aproveitamento este curso poderás traballar como axudante de camareiro, axudante de bar, axudante de economato, auxiliar de colectividades ou empregado de pequeno establecemento de restauración.

Certificado de Profesionalidade de Nivel 2

HOTR0408 Cociña

Ao finalizar con aproveitamento este curso poderás traballar como cociñeiro.

Requisitos de acceso á Formación Ocupacional

É requisito fundamental estar inscrito como demandante de emprego no SEPE.

Para os cursos que dan acceso ao certificado de profesionalidade de Nivel 1 non se esixen requisitos académicos nin profesionais, aínda que deben posuírse as habilidades de comunicación lingüística suficientes que permitan a aprendizaxe.

  • Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.
  • Certificado de profesionalidade de nivel 2.
  • Certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional.
  • Cumprir co requisito académico de acceso aos Ciclos Formativos de Grao Medio ou ben superar as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas.
  • Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e/ou de 45 anos.
  • Ter superadas as competencias clave.

Servizo de comedor

No centro ofrécese servizo de comedor en período escolar.

Contacta con nós

Na Fundación Belarmino estaremos encantados de aclarar as túas dúbidas ou enviarche información.