FORMACIÓN REGRADA

Co reto de propiciar á mocidade da comarca e de Galicia a oportunidade formativa que el non poido ter, Belarmino fundou en 1997 a escola de hostalaría de Rosende, xestionada no Pazo de Ribas pola Fundación Belarmino Fernández Iglesias.

CPR Belarmino Fernández Iglesias

A escola Fundación Belarmino Fernández Iglesias funciona como un centro privado-concertado, aínda que o ensino é totalmente gratuíto, e ofrece titulacións homologadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Con frecuencia acolle actividades divulgativas nos campos da gastronomía, a vitivinicultura e o turismo.

Ano tras ano pasan pola escola ata 70 estudantes que contan cunha inserción laboral garantida unha vez finalizan os cursos formativos.

Cursos

A oferta formativa da escola de hostalaría abrangue dous cursos de Formación Profesional de grao medio e un de grao superior. Todos eles teñen carácter gratuíto.

Técnico superior en vitivinicultura

Capacita para traballar como técnico vitivinícola, tanto na xestión de bodegas (produción, estabilización e crianza, envasado, xestión de maquinaria, aprovisionamento e comercialización, lexislación e libros de rexistro, etc.), como na xestión de viñedos (produción vitícola, tratamentos e acondicionamento de viñas), na análise enolóxica (sensorial, fisicoquímica e microbiolóxica), nas industrias derivadas (control de elaboración de mostos concentrados, vinagres, destinados, etc.) e, finalmente, no desenvolvemento dun plan de calidade e seguridade alimentaria e xestión medioambiental na industria vitivinícola.

Os titulados poderán desenvolver a súa carreira profesional en empresas vitivinícolas dedicadas á produción de uva; a elaboración, crianza e envasado de viño; e a elaboración de destilados de viño, concentración de mostos, vinagres e outros produtos derivados da uva e o viño.

Trátase do primeiro ciclo formativo destas características que se imparte na Ribeira Sacra.

Técnico en Servizos en Restauración

Favorece a adquisición de competencias enfocadas á realización de actividades de preparación, presentación e servizo de alimentos e bebidas, así como de atención á clientela no eido da restauración seguindo os protocolos de seguridade establecidos e actuando segundo normas de hixiene, prevención de riscos laborais e protección ambiental.

Técnico en Cociña e Gastronomía

Este título proporciona competencias para executar as actividades de preelaboración, preparación, conservación, terminación e presentación e servizo de todo tipo de elaboracións culinarias no eido da cociña.

Requisitos académicos

  • Ensino Secundario Obrigatorio (ESO).
  • Técnico auxiliar.
  • Segundo curso do Bacharelato Unificado Polivalente (BUP), cun máximo de dúas materias pendentes entre primeiro e segundo curso.
  • Bacharelato superior.
  • Ensino de artes aplicadas e oficios artísticos ou terceiro curso do plan de 1963 ou segundo de comúns experimental.
  • FP básica.
  • PCPI, alumnado que superase os módulos obrigatorios.
  • Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional ou con curso de formación específico para o acceso aos ciclos formativos de grao medio.
  • Proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional.
  • Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
  • Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior de ensino deportivo ou de artes plásticas e deseño.
  • Título de técnico.
  • Título de técnico superior ou de técnico especialista.
  • Título universitario.
  • COU ou PREU.
  • Título de técnico de formación profesional.
  • Proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de FP.
  • Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
  • Técnico superior ou técnico especialista.
  • Título universitario.

Documentación

Para a admisión en ciclos deberá realizar de forma online a súa solicitude

Para formalizar a matrícula no centro é necesario cubrir o impreso de matrícula na páxina https://www.edu.xunta.es/ciclosadmision/ e entregalo acompañado da seguinte documentación:
  • Fotocopia DNI
  • Certificación académica dos estudos realizados
  • Fotocopia do libro de familia
  • Fotocopia da tarxeta NUSS (Número de Usuario da Seguridade Social)
  • Pago do seguro escolar (exentos maiores de 28 anos)
  • Dúas fotografías tamaño carné
  • Certificado médico, en caso de padecer algunha enfermidade.
  • Fotocopia da documentación que fora renovada
  • Pago do seguro escolar (exentos maiores de 28 anos)
  • Dúas fotografías tamaño carné

O alumnado que vaia realizar o segundo curso debe cubrir o seguinte impreso Anexo I

O alumnado que estea pendente de realizar a FCT debe cubrir o seguinte impreso: Anexo II

Calendario escolar y horarios

Horarios

Servicio de comedor

No centro ofrécese servizo de comedor en período escolar.

Aula virtual

Edmodo organiza o teu traballo con carpetas de clase e un planificador incorporado, para facilitarche o traballo.. Con Edmodo, é sinxelo enviar unha mensaxe ao teu profesor ou recibir axuda dos teus compañeiros.

Contacta con nosotros

En la Fundación Belarmino estaremos encantados de aclarar tus dudas o enviarte información.